Un autor con mil caras que serán analizadas e debatidas en varios faladoiros

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

28 feb 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Cunqueiro escribiu un brillante ensaio titulado As mil caras de Shakespeare e o mesmo título ben podería aplicarse á obra do mindoniense. Da súa variedade dán fe os temas que centrarán os faladoiros que organiza o Consello da Cultura Galega e que se celebrarán entre abril e decembro en diversas ciudades: obra poética, a cultura popular na súa escrita, a relación co galeguismo, o papel das boticas e as menciñas, a vertente dramática, os intelectuais galegos e o franquismo, o mundo céltico e bretón e, por último, o xornalismo.

Estes faladoiros son o complemento dunha exposición sobre Cunqueiro organizada pola Consellería de Cultura e que abrirá a súa itinerancia na Casa da Parra de Santiago. Será un dos pratos fortes do ano, xunto coa celebración dun congreso, titulado Mil e un cunqueiros, entre o 28 de setembro e o 1 de outubro, a cargo do Consello da Cultura e as tres universidades. Xa está aberto o prazo para presentar comunicacións e xa se sabe tamén que haberá no programa de actos conferencias de César Antonio Molina, Xosé Luís Méndez Ferrín e John Rutherford.