pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Teatro O CDG desenvolve unha «pegada electoral» previa á estrea do espectáculo «Salomé»

A compañía pública representa a partir do venres 26 no Salón Teatro a versión da obra de Oscar Wilde que dirixe Carlos Santiago.

Autor:
Redacción digital
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 17:29 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolveu esta mañá unha acción escénica diante do Salón Teatro de Santiago como parte da campaña promocional de Salomé, o novo espectáculo que a compañía pública estreará o vindeiro 26 de novembro baixo a dirección de Carlos Santiago. A intervención estivo protagonizada por un dos personaxes desta versión da obra de Oscar Wilde, o candidato Herodes Antipas interpretado polo actor Pepe Penabade, quen levou a cabo a primeira pegada de carteis da montaxe.

Nesta performance, Herodes Antipas arengou aos seus seguidores cun acendido discurso electoral que rematou ao grito de «Viva Galilea! Viva o Imperio Romano» e durante o que o candidato fixo un inciso para anunciar a estrea de Salomé no Salón Teatro, aproveitando para convidar a todos os seus «votantes a vir e disfrutar dun pouco de teatro, que nunca lle fai mal a ninguén».

Desvélase así a orixe da «campaña electoral» do partido Bonanza e Progreso de Galilea (BPg), despregada durante as últimas semanas en Compostela a través de carteis e insercións en autobuses urbanos, como acción promocional do Centro Dramático Galego. A partir de hoxe, a cartelería de Bonanza e Progreso será substituída pola da imaxe do espectáculo, asinada polo deseñador Fausto Isorna.

O novo espectáculo do Centro Dramático Galego será presentado aos medios de comunicación o vindeiro martes día 23 polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, xunto co equipo artístico de Salomé. Ademais de Pepe Penabade, María Mera (no papel de Salomé), María Salgueiro (Herodías), Hugo Torres (Iokanaan), Marcos Correa (mozo sirio) e Alberte Cabarcos (paxe de Herodías) integran o elenco desta montaxe, a través da que Carlos Santiago propón unha posta escena actualizada e unha lectura satírica da traxedia asinada polo dramaturgo irlandés.

 

ENVIAR NOTICIA  

Teatro O CDG desenvolve unha «pegada electoral» previa á estrea do espectáculo «Salomé»

A compañía pública representa a partir do venres 26 no Salón Teatro a versión da obra de Oscar Wilde que dirixe Carlos Santiago.

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
 
Autor de la imagen: Centro Dramático Galego
 
Autor de la imagen: Centro Dramático Galego
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.