O profesor e escritor Herminio Barreiro foi enterrado onte en Ribadumia

La Voz A CORUÑA/LA VOZ.

CULTURA

09 nov 2010 . Actualizado a las 03:31 h.

Despois de ser incinerado na intimidade familiar, onte foron enterradas as cinzas de Herminio Barreiro Rodríguez no cemiterio de San Clemente de Sisán, en Ribadumia. Este recoñecido pedagogo, de 73 anos de idade e que formara parte en Madrid do grupo Brais Pinto con outros intelectuais galegos, finou o pasado sábado en Santiago, onde era profesor emérito de Historia da Educación na Universidade. Precisamente, as lembranzas das súas vivencias como estudante recén chegado a Madrid recolleunas no libro Recordar doe , no que fala tamén dos Brais Pinto.