La Voz publicará os 31 capítulos durante todos os días do mes de agosto

La Voz A CORUÑA/LA VOZ.

CULTURA

22 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A novela Vía secundaria será publicada por capítulos durante os 31 días do mes de agosto nas planas de La Voz de Galicia, en concreto nas páxinas literarias que incluirán os xa populares Relatos de Verán.

Vía secundaria

foi elixida por un xurado composto por Luís Ventoso, Luís Pousa, Ramón Loureiro, Ramón Nicolás e Xosé Carlos Caneiro, que tamén destacaron a calidade da obra finalista, que se presentou ao concurso baixo o lema Arume e co título Xogo de nenos . Na entrega do premio estiveron, entre outras personalidades, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, así como o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, e o de Santiago, Juan Casares Long.