¿E agora que?

Miguel Anxo Fernández

CULTURA

23 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Na permanente tarefa de engadir chanzos á consolidación do audiovisual galego, o conseguido por Laxe acada unha dimensión inédita: premio na prestixiosa Quinzaine, despois da oficial, a máis importante en Cannes. Antes outros directores galegos acadaron recoñecementos internacionais desde a década dos oitenta, pero o Fipresci (The International Federation of Film Critics) é dunha dimensión ata agora descoñecida. Cannes deixa para esa sección o cine más persoal, ecléctico, de variada procedencia, con moitos filmes claramente alternativos, e aí é onde brilla a estrela de Oliver Laxe e Todos vós sodes capitáns. O premio Fipresci abriralle portas en futuros festivais. De aí a transcendencia do ocorrido en Cannes. Pero tal como anda a exhibición, sen apenas pantallas alternativas, xorde a gran pregunta: ¿onde gustaremos do filme de Laxe, nas antípodas do cine convencional? A esa tarefa cumpría poñerse xa para que Laxe non pase polo que á case totalidade dos filmes alleos a Hollywood: a súa invisibilidade.