pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Homenaxe Fernández Paz define o idioma como a trabe principal da cultura galega

O escritor vilalbés recibiu emocionado a homenaxe que lle brindou o Salón do Libro de Pontevedra

Autor:
María Conde
Fecha de publicación:

«Cada inverno, en Pontevedra, florecen libros a carón do Lérez. ¡E de que xeito!». Agustín Fernández Paz desfíxose en eloxios ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que onte correspondía á súa fidelidade nas once edicións que se celebraron ata a data cunha sentida homenaxe ao escritor vilalbés.

O autor destacou que desde 1999 o salón foise asentado como «un referente imprescindible para os amantes dos libros» e que a súa enerxía e creatividade «é o exemplo vivo de que é posible converter utopías en realidades». E neste sentido, concluíu que no Pazo da Cultura, onde se desenvolve a actividade, «o gusto polas palabras se contaxia, e agroma o pracer polas historias e vos libros».

Pero o seu discurso, que non esqueceu a Delibes, tamén tivo carácter reivindicativo. Defendeu, fronte aos «ataques constantes» que sofre o idioma nos últimos tempos, a escritura en galego porque todo autor «é fillo do seu tempo e país e se inscribe nunha tradición cultural que vén de lonxe».

«A nosa forma de participar na cultura da Humanidade é desenvolvendo a cultura galega, pois como sinalaban os membros de Nós, só se pode ser universal desde as propias raíces. Por iso escribimos desde Galicia e en galego. Para que os lean as persoas que viven canda nós e que logo os nosos libros cheguen tan lonxe como merezan pola súa calidade».

A defensa do idioma estivo presente tamén na intervención de Xabier P. Docampo, que foi o encargado de glosar a figura do seu amigo Fernández Paz. O autor brindoulle 23 palabras, por cada unha das letras do abecedario, para retratalo ante un aforamento de preto de duascentas persoas. Logo de pasar por «amigo, xeneroso, buxo, irmán ou escritor de raza», cando chegou ao pe de palabra Docampo recordou que o galego é «unha lingua hoxe ameazada», e máis na xornada de onte, na que se presentou o decreto do galego. Unha normativa á que tamén se referiu a concelleira de Cultura de Pontevedra, Lola Dopico, como o «decreto contra o galego».

O undécimo Salón do Libro, que estivo dedicado ás cidades, pecha hoxe as súas portas logo de máis dun mes de actividades. Polo Pazo da Cultura pasaron nestes días máis de 24.000 persoas, como recordou Dopico, quen tamén se referiu á falta de apoio da Xunta para este evento. «É preocupante pensar nas mans de quen está a responsabilidade cultural do noso país, e é moi posible que non os deamos sacado do fallado nos próximos anos», dixo.

 

ENVIAR NOTICIA  

Homenaxe Fernández Paz define o idioma como a trabe principal da cultura galega

O escritor vilalbés recibiu emocionado a homenaxe que lle brindou o Salón do Libro de Pontevedra

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Fernández Paz define o idioma como a trabe principal da cultura galega
Fernández Paz recibiu como obsequio unha figura de Castelao da cerámica de Sargadelos
Autor de la imagen: | VERÓNICA CRESPO

Relacionados de la noticia

 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E