O conselleiro Roberto Varela reafirmouse onte na súa consideración de que a cultura galega «está ensimesmada e acomplexada», se ben aclarou que cando fixo esa declaración foi con matices, porque enmarcou esa afirmación no senso de que «debemos romper con ese tópico e de que debéramos facer por saír ao exterior sen complexos, sen medos». O conselleiro de Cultura respondeu así trala presentación dunha campaña a unha pregunta sobre a carta na que os premios nacionais piden a súa dimisión, carta «que non recibín, e que non lin, pero que considero que é inxustificada».
Pero coñecía a súa existencia e «agardaba a pregunta», polo que leu o texto «literal» das súas declaracións da pasada semana.
Recoñeceu «o meu descoñecemento, as veces, do que sucede aquí, pero coñezo ben o que é a promoción de Galicia no exterior, e dende logo é mellorable. Non poño en dúbida as calidades, senón as medidas para saír ao exterior».
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios