A Plataforma Prolingua promove a Lei e o Plan de Normalización

La Voz

CULTURA

04 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Mil persoas xa asinaron o manifesto da Plataforma Prolingua, presentada onte en Santiago, e que ten como obxectivo esixir o «cumprimento estrito» da Lei de Normalización Lingüística e do Plan para o idioma galego aprobado polo Parlamento por unanimidade no ano 2004. Esta plataforma é apartidista, plural e rexeita personalismos, indicaron. Entre os participantes estiveron personalidades como Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira, Xavier Docampo e Fernán Vello.