pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

INICIATIVA A Xunta creará liñas de axuda para promocionar os artistas galegos

O conselleiro de Cultura engadiu que está previsto asinar este ano un convenio para as axudas que quedaron pendentes de pagar no que se refire a asistencias a feiras de 2009.

Autor:
EFE
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 19:01 h

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, anuncioulles hoxe aos representantes da Asociación Galega de Galerías o compromiso da Xunta de crear unha liña de axudas, no ano 2010, para que as galerías poidan acudir a feiras internacionais e promover os artistas galegos.

Varela afirmou, na primeira reunión institucional coa asociación, que está satisfeito polos acordos aos que chegaron e resaltou o compromiso da Xunta na creación esta liña específica de axudas para as galerías, para saír ao exterior e que comporta que «polo menos a metade dos artistas que leven sexan galegos», para así promover a cultura galega no exterior e «os artistas que sexan galegos ou que teñan os seus estudios aquí».

Tamén acordaron pechar todos os gastos pendentes contraídos no ano 2007 en relación coas compras realizadas polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Ademais, engadiu que está previsto asinar este ano un convenio para as axudas que quedaron pendentes de pagar no que se refire a asistencias a feiras de 2009.

Varela destacou outro dos temas tratados na reunión, como é a creación do Espazo Atlántico, proxecto de carácter internacional, que terá lugar no próximo mes de xaneiro en Vigo e que o seu departamento vai apoiar, por consideralo «unha oportunidade moi importante para dar a coñecer as artes plásticas de Galicia».

Por outra parte, Varela manifestou a súa intención de potenciar a presenza de artistas galegos en feiras de arte nacionais, como Arco, polo que ten previsto poñerse en contacto cos responsábeis, xa que «desgrazadamente, Arco esta realizando unha política na que está ignorando e deixando de lado a periferia, entón temos que buscar o medio de nos darmos a coñecer».

Afirmou que «non é xusto» que Arco «estea deixando de lado as galerías periféricas de España e entre elas algunhas galegas».

Tamén salientou a vulnerabilidade deste sector, debido á crise, que a Xunta vai «intentar paliar» promovendo a arte de Galicia e aclarou que apoian as galerías «non como estabelecementos comerciais, senón como medio de promoción dos artistas e da cultura galega, que é competencia da Consellería».

Pola súa parte, a vicepresidenta da Asociación Profesional de Galerías de Arte de Galicia, Asunta Rodríguez, manifestou que debido á crise económica «este é un ano que é moi complicado, que o vai ser moito máis para o noso sector», aínda que agradeceu que os galeristas van contar coa axuda da principal institución galega.

Rodríguez afirmou que, «de momento, non se están pechando galerías» en Galicia, a pesar de que a situación é complicada e de que son «o primeiro sector que se resinte e o último en se recuperar», pero manifestou que continuarán «pelexando» e poñendo todo o seu empeño «en sobrevivir» , porque considerou que existen artistas «polos que merece a pena loitar e seguirémolo facendo».

 

ENVIAR NOTICIA  

INICIATIVA A Xunta creará liñas de axuda para promocionar os artistas galegos

O conselleiro de Cultura engadiu que está previsto asinar este ano un convenio para as axudas que quedaron pendentes de pagar no que se refire a asistencias a feiras de 2009.

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.