Onte iniciouse a limpeza da vexetación do adarve que durará dúas semanas
Arrinca un programa de restauración dos espazos públicos do Camiño de Santiago
Tras o rifirafe político protagonizado nas últimas semanas polo concello de Lugo e a Consellería de Cultura ao redor da limpeza da maleza que cobre a muralla de Lugo, onte as palabras deixaron paso aos feitos e un grupo de obreiros comezou a limpeza do monumento romano. A consellería anunciou tamén a convocatoria dun concurso plurianual para este tipo de tarefas. Este concurso terá un orzamento de 190.000 euros e, ademais da limpeza, servirá para a reposición da iluminación deteriorada ao longo de todo o perímetro do monumento.
Onte iniciáronse os traballos de limpeza do adarve da muralla, uns traballos valorados en 8.000 euros e que no prazo de dúas semanas pretenden limpar de vexetación esa parte do monumento. Segundo Cultura os labores de limpeza non impedirán o uso do espazo pola cidadanía. Cinco operarios da empresa Horta Galega comezaron onte a limpeza e a fumigación das vexetación que foi crecendo nos últimos meses e que se converteu no centro dunha disputa entre a alcaldía de Lugo e a Consellería de Cultura.
En breve os contactos recibirán en o seu correo electrónico un enlace á noticia
Grazas por usar os nosos servizos
Revise os seus datos e volva intentalo
Se se volve a producir un erro, é posible que o servizo está momentaneamente non dispoñible. Inténteo máis tarde.
Desculpe as molestias. Grazas por usar os nosos servizos