pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

17 de maio A obra de Novoneyra protagonizará o Día das Letras Galegas do 2010

A RAG sinala os méritos dun autor que foi referente e a un tempo «novidoso, popular ?e renovador»

A Real Academia escolle ao poeta do Courel recén cumpridos os dez anos do seu pasamento

Autor:
Camilo Franco
Fecha de publicación:

A Real Academia Galega quixo conmemorar o décimo aniversario da morte de Uxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930-Santiago, 1999) convocando á súa obra para que sexa a protagonista do Día das Letras Galegas do ano vindeiro.

Os adxectivos manexados pola Academia arredor desta designación falan de «entrega total», obra en «continua forxa» e mais dun poeta «cunha gran preocupación pola comunicación co pobo».

A Real Academia Galega considera que é un poeta ideal para a celebración do vindeiro ano das Letras Galegas e quizais por iso a institución esperou só a que se cumprisen os dez anos dende o seu pasamento, que a tradición da celebración ten como norma.

Hai dous elementos que a institución que preside Xosé Ramón Barreiro sinala como fundamentais á hora de explicar a súa elección para o ano próximo. O presidente sintetiza o parecer do plenario da Academia sinalando que Novoneyra foi «un home moi comprometido co idioma e co país», ao tempo que tivo «unha moi forte e referencial presenza na cultural galega». Noutro sentido, explicou o presidente da Academia que a poesía de Novoneyra foi a un tempo «novidosa e popular, foi renovadora». Segundo a Academia, a obra do autor de Os Eidos estivo «en continua forxa. Mais non por isto foi un poeta de minorías».

Tamén sinala a institución que algúns dos seus poemas longos como Vietnam Canto «estiveron presentes en cancións e recitacións desde a súa creación en 1968», subliñando a intención do poeta de participar nos movementos do seu tempo.

Para Francisco Fernández Rei, tamén académico, «hai moitas dimensións da obra de Novoneyra que merecen este recoñecemento, pero tamén está esa maneira da súa poesía tan pulida e ao mesmo tempo tan sonora e tan popular». Coinciden os académicos en que Novoneyra foi un poeta co favor do público e que esta circunstancia «pode dar moito xogo para as distintas actividades que se desenvolvan ao longo do ano».

Fernández Rei sinala que o homenaxeado no 2010 ten que ser «celebrado na rúa e ten unha obra coa que resulta fácil participar en calquera actividade, na rúa ou nos centros, nos recitais ou nos concertos».

 

ENVIAR NOTICIA  

17 de maio A obra de Novoneyra protagonizará o Día das Letras Galegas do 2010

A RAG sinala os méritos dun autor que foi referente e a un tempo «novidoso, popular ?e renovador»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
A obra de Novoneyra protagonizará o Día das Letras Galegas do 2010
O poeta courelao foi elixido pola capacidade da súa obra para conectar co sentir do pobo
Autor de la imagen: | KOPA

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.