pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

recoñecemento aos grandes escritores Novoneyra e Carballo Calero, os candidatos para o Día das Letras

Os membros da Academia dudan entre homenaxear ao investigador ferrolán ou ao poeta do Caurel

A Real Academia Galega tomará a súa decisión nunha sesión plenaria que se celebrará este mesmo mes

Autor:
Ramón Loureiro
Fecha de publicación:

Non é necesario dedicarlles demasiado tempo ás hemerotecas para comprobar que se algún vaticinio é especialmente proclive a frustrarse é o que intenta adiviñar o nome do autor ao que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas. Pasa case coma cos papables , entre os que xa é tradición que os sinalados saian como cardeais dos conclaves -é dicir: igual que entraron-, mentres a tiara pontificia recae nalgún purpurado que ninguén mencionara antes. Mais, así e todo, o certo é que este ano, entre os académicos, sempre tan reservados no que a estas cuestións respeta, circulan dous nomes con especial insistencia: o do profesor e escritor ferrolán Ricardo Carballo Calero e o do Poeta do Caurel, Uxío Novoneyra. «Hoxe xa non quedan candidatos da xeración e o valor literario de don Ricardo», dicía esta mesma semana un dos dirixentes da Academia, recoñecendo que «a verdade é que o Día das Letras, a Carballo, xa se lle podería ter dedicado».

En cambio, outros compañeiros seus sinalan directamente a Novoneyra como principal candidato, á vez que advirten que se ben están de acordo en que «antes ou despois ten que saír Carballo», esté «aínda non será o seu ano». No 2010 celebrarase o centenario do nacemento do autor ferrolán, para o que demanda un Día das Letras, buscando apoios en toda Galicia, o Concello da súa cidade natal, ademais de asociacións culturais como Medulio. E ese centenario coincidirá cos dez anos do pasamento do Poeta do Caurel, para o que tamén se pide o recoñecemento da Academia en Galicia enteira.

As biografías

Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, no Caurel, en xaneiro do ano 1930. E aquel paisaxe no que viu a primeira luz quedaría vencellado para sempre á súa obra. Tras cursar o Bacharelato en Lugo, marchou a estudiar Filosofía e Letras a Madrid, onde mantivo unha intensa actividade literaria. A comezos dos anos sesenta retornou a Galicia. Foi o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Faleceu en Santiago de Compostela en outubro de 1999. Poemarios como Os eidos forman parte, xa, do patrimonio de toda Galicia.

Compostela foi tamén a cidade na que rematou os seus días Ricardo Carballo Calero, que faleceu en 1990. Nado en Ferrol, no ano 1910, foi catedrático da Universidade de Santiago, ademais de membro numerario da Real Academia Galega. Autor de auténticos obras de referencia no ámbito universitario, como a súa Historia da Literatura Galega Contemporánea. Como creador a súa obra abrangueu desde a poesía ata a narrativa, pasando polo teatro.

 

ENVIAR NOTICIA  

recoñecemento aos grandes escritores Novoneyra e Carballo Calero, os candidatos para o Día das Letras

Os membros da Academia dudan entre homenaxear ao investigador ferrolán ou ao poeta do Caurel

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Carballo Calero, fotografiado na Compostela dos anos oitenta
Autor de la imagen: | TINO VIZ
Carballo Calero, fotografiado na Compostela dos anos oitenta
Autor de la imagen: | TINO VIZ

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.