«?A miña novela ?Corredora? é un xeito de devolver algo a Etiopía»

La Voz

VIGO CIUDAD

marcos creo

A escritora María Reimóndez presenta hoxe na Feira do Libro de Vigo a obra que conta a historia dunha nena que quere ser atleta

05 jul 2017 . Actualizado a las 05:30 h.

A escritora lucense afincada en Vigo María Reimóndez é tradutora e intérprete de profesión, feminista por convicción e impulsora de iniciativas solidarias como a fundación da ONG Implicad@s no Desenvolvemento, que leva a cabo proxectos na India e Etiopía. Na súa última novela, titulada Corredora (que hoxe ás 19.45 presenta na Feria do Libro de Vigo), o país africano tamén latexa polas súas páxinas. A protagonista é unha nena que pasa de correr polas montañas do seu pobo natal a entrenarse como atleta en Addis Abeba. É unha historia colectiva de superación deportiva.

-¿Que plantexa nesta historia?

-O libro fala de Etiopía a través dun personaxe concreto, Genet, unha rapaza que parte dunha situación moi desfavorecida para atopar o seu espazo a través do atletismo, que é unha parte importante da cultura etíope contemporánea. A novela sae nunha colección xuvenil, pero penso que o seu público lector pode ser máis amplo.

-Etiopía é un país que coñece ben, ¿non?

-Si, e o libro para min tamén é un xeito de devolver algo ao país, ao que lle teño moito afecto. No libro aparecen experiencias e espazos que coñezo. Está escrito dende o vivido e aínda que é unha historia ficcionada, os datos deportivos e marcas son os da atleta Tiki Gelana, pero non é a súa biografía. Non é un libro para coñecer Etiopía, pero si unha parte, a que eu vin.

-¿Segue o seu labor alí?

-Houbo que deixalo durante un tempo porque non estaba funcionando ben e buscamos outros apoios. Precisamente imos retomar agora o traballo alí.