«Este ano o mexillón ten unha calidade excelente, o que permite volúmenes de colleita importante»

r.e. VILAGARCÍA / LA VOZ

VIGO CIUDAD

16 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente do Consello do Mexillón de Galicia cre, como outras voces do sector, que este non está a ser un mal ano.

-¿Como se está a desenvolver a campaña deste ano?

-Este ano, a diferenza doutros, este verán as augas estiveron máis frías, o que se asocia á entrada de máis nutrientes e polo tanto de máis alimento para o mexillón. Iso tradúcese en que o produto presenta uns parámetros de calidade excelentes, cuns rendementos moi bos. Ou, como se adoita dicir, o mexillón está gordo.

-¿Cal está sendo a incidencia da marea vermella?

-Tivemos un episodio moi forte en primavera, pero a excepción dalgúns polígonos en Meloxo, Pontevedra, Vigo e Muros, foi remitindo. Esa melloría nos últimos meses permitiu manter volumes de colleita importantes, e os procesadores están traballando a moi bo ritmo porque o produto presenta unha excelente calidade.

-¿Estase a facer algo para intentar minimizar o impacto deste problema no sector?

-Un ano máis comprobamos que as rías seguen afectadas polos peches, tanto en extensión como en intensidade, sen que se determinen as causas. Isto sería algo ao que lle habería que dedicar máis recursos. Persoalmente, é un dos temas que máis me preocupan, e penso que se debería estudar con máis intensidade .