«Dando galego en Irlanda síntome moi rara, como nunha burbulla»

Juan Manuel Fuentes Galán
Juanma Fuentes VIGO / LA VOZ

VIGO CIUDAD

A tradutora viguesa recalou en Irlanda no 2012 para traballar nunha empresa de videoxogos

28 ene 2016 . Actualizado a las 10:51 h.

É unha máis da diáspora de titulados galegos que teñen que abandonar a súa terra para atopar perspectivas laborais. Laura Liñares Fernández (Vigo, 1987) cursou Tradución e Interpretación (inglés e francés) no campus vigués e tivo a sorte de conquistar un posto de traballo en Cork, no sur de Irlanda, nunha empresa de videoxogos.

?Saír de Vigo e de Galicia. Non houbo outra opción?

?Iso mesmo, ningunha posibilidade dun traballo nin en Galicia nin tampouco en España. Mandei cartas e o meu currículo, e tiven a sorte de recibir resposta dunha empresa americana con sede en Cork, Big Fish.

?¿Que facía alí?

?Encargábame de tradución do inglés ao español, e estiven dous anos no posto.

?¿Que sucedeu? ¿Problemas laborais?

?Para nada. A firma pechou a súa sede na Unión Europea, en Cork, e quedou só en Seattle, pero non tiven problemas. De novo empecei a traballar.

?Que sorte....

?Si, foime ben. Á semana estaba de novo empregada, esta vez en Zazzle, tamén en Cork.

?¿De tradutora outra vez?

?É unha empresa de productos personalizados, camisetas e cousas así. Tamén xestionaba a tradución da páxina web e dos materiais de márketing e prensa ao español. Estaba moi contenta, e eles tamén, pero eu tiña gañas de voltar á Universidade.

?¿Para traballar ou para estudar?

?Quería facer un máster sobre Plácido Castro, galeguista da Xeración Nós, e tamén falei co departamento de Estudos Españois, Portugueses e Latinoamericanos para tentar colaborar no centro de estudos galegos. Dar clases e  organizar eventos na biblioteca do centro.

?¿E que tal?

 ?Foi moi ben. De feito, a tese do máster é sobre unha tradución de Castro. En febreiro é a cerimonia de graduación.

?Entón, agora e de novo estudante.

?De todo. Ademais da tese, entereime que había unha praza de lectora de galego, un traballo que me permitía tamén facer o máster, e estou en ambas cousas, e contenta.

?¿Foi complicado lograr o posto de lectora?

?Eu pasei as probas, coñecín o programa, fixen as entrevistas, e colléronme. Iso foi en setembro de 2014, e agora estou no segundo curso dun total de tres. 

?¿Ten moitos alumnos?

?Un de máster, sete de língua e quince de cultura. É unha materia optativa, como as de catalán e euskera, e portugués, que tamén se imparten no departamento.

?¿Quen ten máis alumnos?

?Hai máis de catalán, son uns trinta, e de euskera máis ou menos como galego.

?¿Cómo senta ensinar galego noutro país?

?É unha sensación moi rara, como vivir nunha burbulla. Todos os alumnos estudan español e logo elixen unha optativa entre catalán, vasco e galego. O ambiente é moi natural, moi aberto.

?¿Satisfeita, entón?

?É unha experiencia que me agrada, moi bonita para unha persoa amante das línguas. A verdade é que nunca pensei que traballaría dando clases de galego en Irlanda.

?¿De quen depende o seu posto?

?É un contrato que depende da Xunta, aínda que o fai a universidade. De feito, a min fixéronme as entrevistas a través da Xunta.

?¿Que leva aos irlandeses a interesarse polo galego?

?Hai varios motivos. Ao tratarse dun país celta hai de entrada un certo interese entre a xente. Tamén o Camiño de Santiago, que é moi famoso alí. Ademais, hai alumnos que estiveron de erasmus en Galicia e queren estudar a nosa lingua.

?¿Que fará cando remate o curso?

?Agora mesmo todavía gozo do que teño. Despois, en setembro, empezarei o meu doutoramento. Lóxicamente, tentarei conseguir un traballo para financiar os meus estudos. Se non o atopo, pensarei dar clases noutro sitio.

?¿Hai máis galegos no departamento?

?O director do centro é Martín Veiga, de Noia. Tamén está outra profesora, Elisa Serra, de A Coruña. Ámbolos dous dan clases de máis cousas, de literatura e tradución.

?¿Vostede pensa quedar en Irlanda?

?En principio... non o sei. Canda vaian xurdindo cousas, verei. Non me importan as novidades, pero teño moi claro que quero seguir na universidade, no mundo académico, e espero que poida xurdir unha oportunidade nese campo.

?Pero ten que haber un motivo para que leve catro anos do en Cork, ¿non sí?

?Hai unha causa (ri).

?¿E como se chama?

?...Chámase Graham.