Os nenos toman o mando na Praza dos Libros de Carballo

Cristina Abelleira CARBALLO / LA VOZ

VIGO CIUDAD

Os nenos que fixeron a lectura dramatizada, Beatriz Fraga e Mar Eirís, na presentación de onte.
Os nenos que fixeron a lectura dramatizada, Beatriz Fraga e Mar Eirís, na presentación de onte. Ana García< / span>

Alumnos da escola de verán de Xiria fixeron unha lectura dramatizada de «O Rei Portador e outras historias»

24 ago 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O Rei Portador e outras historias é «un libro para nenos, rapaces e maiores, para aqueles aos que lles gusten as historias, teñan oito anos ou oitenta». Pero a esa descrición que fixo a súa autora, a carballesa Beatriz Fraga, onte, cando o presentou, podería engadirse que é un libro para ler en voz alta. De feito, a dramatización que fixeron tres alumnos da escola de verán de Xiria conseguiu que un cento de rapaces, tanto os que se sentaron entre o público coma os que tiveron que quedar de pé por falta de espazo, quedasen nos seus sitios e sen facer moito barullo.

A concelleira de Cultura, Mar Eirís, presentou á autora, profesora no colexio García Barbón de Vigo, tradutora e autora xa de dous títulos de literatura infantil. Beatriz Fraga, pola súa banda, converteu a súa intervención nunha historia máis das que integran O Rei Portador, e completou o relato cun agradecemento «ao traballo que fan os libreiros, difusores de cultura, ademais de comerciantes, que exercen ás veces de psicólogos recomendándonos libros».