O poder do libro está no misterioNarrativa

ROMÁN ARÉN

VIGO CIUDAD

01 oct 2012 . Actualizado a las 22:24 h.

Agustín Agra (Noia 1966), biólogo, comezou colaborando nas revistas Alameda e Casa da Gramática, e no 2004 gañou o Premio de Narracións Curtas do Pedrón de Ouro con Os límites do inimaxinable. En 2006 gaña o Premio Merlín con O tesouro da lagoa de Reid?Is, obra coa que comeza a súa andaina como narrador para a mocidade, que continuará con Cazaría salvaxe en 2008 e A treboada de C en 2009, data na que tamén publica un libro de relatos para un público máis amplo, O recendo das Mimosas.

Agora, na coñecida colección Fóra de Xogo de Xerais, presenta a novela curta Trampa de luz. Irene é unha nena con grande amor pola natureza e afeccionada en fotografar animais. A rutina dunha vida na natura queda alterada pola aparición do tanxedor de campás, que modifica a normalidade, pois aparecen na vila especies descoñecidas, arrecendos misteriosos e, o misterio, a desaparición de diferentes animais. Cun aire de familia, lixeiro, con Lovecrack, esta busca do misterio parte do poder do libro, da súa capacidade para facer aparecer seres terroríficos.

«Trampa de luz»

Agustín Agra Barreiro (Vigo, Xerais 2012) 71 páxinas