«Moaña se atopa nunha paralise e o noso compromiso é poñer o Concello a funcionar»

MOAÑA

Leticia Santos, a primeira da fila do BNG en O Con.
Leticia Santos, a primeira da fila do BNG en O Con. óscar vázquez< / span>

Leticia Santos aspira a gobernar tras eleccións municipais

21 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Leticia Santos Paz foi campioa de taekuondo e hoxe, a seus 30 anos esta licenciada en Administración de Empresas traballa como directora comercial dunha compañía. A candidata do BNG presentou onte a se equipo no peirao de O Con.

-¿Por qué decidiu presentarse como candidata do BNG?

-Ante a decisión de Millán de non volver presentarse, os compañeiros mo propuxeron e eu consultei coa miña parella e aceptei.

-¿Teñen algunha enquisa de resultados posibles?

-Non, pero aspiramos a recuperar o goberno.

-Pero existe o perigo de que pase o que ocorreu no 2011, que o PSOE non apoie. ¿Falaron con eles?

-Non tivemos conversas. BNG se presenta coas súas siglas, coas asembleas abertas de xente que non milita pero considera que o único proxecto alternativo.

-Parece que non hai moitas candidaturas de esquerda en Moaña.

-Aquí se presentan os partidos tradicionais.

-¿Como valora a xestión do Concello?

-Nos últimos catro anos, faltou xestión. Abandonaron as instalacións públicas. Hai un desgoberno.

-¿Por que cre que dimitiron varios concelleiros?

-Hai falta de equipo e de ganas de traballar. Nós, polo contrario, presentamos xente moi formada e con ganas de desenvolver o seu labor.

-¿Que faría vostede para potenciar o emprego?

-Ofertar obradoiros para xente desempregada, descolgada do mercado laboral para que poidan volver. Hai que axudar o autoemprego e aproveitar os nosos recursos vencellados ao mar.

-¿Que pensa do proxecto de prolongar o paseo marítimo?

-Estamos dacordo cun paseo, pero non a calquera prezo. Temos que conservar as carpinterías de ribeira.

-¿Que opina do desdobramento da vía rápida?

-Controlaremos moito como se fai a obra e como se respecta o entorno.

-¿Cal é o seu primeiro compromiso se chega a ser alcaldesa?

-Poñer o Concello a funcionar, rematar o Plan Xeral.