Piden a la Xunta que remita el concierto firmado con el Hospital Povisa a los pacientes

EFE

VIGO

La asociación gallega para la defensa de la sanidad pública solicitan el texto íntegro del nuevo acuerdo

27 nov 2014 . Actualizado a las 19:43 h.

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) e as plataformas de Cangas, Moaña, Val Miñor esíxenlle á Consellaría de Sanidade que facilite aos pacientes asignados a Povisa o texto íntegro do novo concerto co Sergas.

Nun comunicado, a AGDSP defende que os usuarios teñan acceso a unha «información detallada» das novas condicións de asistencia sanitaria, e suxire que se lles facilite o texto do concerto a través dos centros de saúde, concellos, partidos políticos, sindicatos e movementos sociais.

Por outra banda, a asociación solicita a ampliación do prazo de solicitude de adscrición aos hospitais propios do Sergas ata o vindeiro 30 de decembro.

Convida a un transvasamento «masivo» porque, aduce, o novo hospital que se constrúe en Beade contará con máis medios técnicos e persoal e todas as especialidades agás as referencias dadas a Povisa.

A AGDSP critica que co novo concerto por un prazo máximo de dez anos, asinado dun xeito «escuro e antidemocrático», aboca a poboación adscrita a estar «encadeada» á clínica privada, «con menos recursos e carteira de servizos» que calquera centro da rede pública sanitaria.