A Xunta adica 182.000 euros a pechar o vertedoiro de residuos urbanos

La Voz LA VOZ | FORNELOS

VIGO

07 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A consellería de Medio Ambiente destinará 182.266 euros á adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos do concello de Fornelos de montes, despois de que o consello da Xunta dese onte o visto bo para a colaboración económica e técnia entre o departamento autonómico e o municipal. Esta actuación está prevista no programa de rexeneración de espazos degradados incluido no Plan Xeral de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia e será financiada na súa totalidade pola Xunta, que acometerá a clausura do vertedoiro nun prazo de tres meses. Tamen se incluirá a colocación dun sistema de drenaxe de lixiviados, a nivelación da superficie e a súa selaxe e a instalación dun valado .