O dominio .gal entra na fase aberta o 2 de decembro

La Voz REDACCIÓN

VIGO CIUDAD

Uns mil dominios reservados poderán activarse nos próximos días

27 nov 2014 . Actualizado a las 22:18 h.

A Asociación PuntoGal presentou na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (Universidade de Vigo) a Fase Aberta do dominio .gal. A partir do día 2 de decembro quedarán activos os preto de 1.000 dominios que se solicitaron nas fases Abrente e Carreira, sempre e cando cumpran coas esixencias requeridas. O acto da mañá do xoves estivo presididoi porlo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e a el asistiron o presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González e a directora Xeral da Asociación, Edita de Lorenzo. Nel explicouse que a partir do próximo martes 2 de decembro poderanse rexistrar os dominios de xeito aberto e sen ningún tipo de restrición. Concederanse por estrita orde de chegada, da mesma maneira que funcionan o resto de dominios de Internet existente na actualidade.

Así quedan finalizadas as fases previas do dominio .gal, que se foron cumprindo cun amplio apoio da sociedade galega. O pasado 25 de xullo máis de 90 dominios, chamados pioneiros, quedaron activados coincidindo co día de Galicia. Na fase Abrente rexistraronse dominios tan coñecidos como facebook.gal, google.gal e wordpress.gal, entre outros de empresas e marcas locais. A asociación anunciou que en próximas datas poderase atopar unha grande variedade de entidades sociais e culturais. O proceso de rexistro levouse a cabo a través de 30 empresas rexistradoras, que o seguirán facendo co resto das peticións que vaian chegando.

O presidente de PuntoGal afirmou que «chegou a hora da verdade, é a hora de ser consecuentes coa nosa identidade, coa nosa historia, coa nosa realidade social, coa nosa vontade de seguir vivindo e permanecer no futuro». A Asociación PuntoGAl porá en marcha una campaña para promocionar o dominio .gal baixo o lema Os galegos temos un Punto, para dar a coñecer o dominio.