A vinganza instálase en Serramoura

nacho blanco REDACCIÓN / LA VOZ

TELEVISIÓN

Primeiras mortes polo control do negocio da madeira na nova entrega da ficción creada por Voz Audiovisual

28 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Haberá vinganza. Iso é seguro. Nese ambiente de violencia e tebras comeza mañá ás 22.15 horas no novo capítulo da serie Serramoura. A ficción creada por Voz Audiovisual para a TVG dá un golpe de efecto coa entrada de novos personaxes debuxados coa cor vermella do sangue.

Os rusos chegan a Serramoura. O conflito polo control da madeira levou a un punto de non retorno, a pesares de que Evaristo Fiúza tentou alonxar aos eslavos con medidas disuasorias. Das palabras pasouse aos feitos, e o enfrontamento cobrarase a primeira vítima: Sokolov.

Un asasinato que, de seguro, traerá outro. Os rusos claman vinganza. A Garda Civil traballa na procura dun sospeitoso. As primeiras pescudas sinalan a Evaristo, mais unha análise fonda descarta a súa implicación. No capítulo de mañán ninguén estará a salvo. Diego Bazán, despois de recibir un soplo avisa que dos sicarios queren acabar coa vida do alcalde. Bazán non terá acougo. Agarda un castigo por ignorar as ordes de Tomás. Anoxado o xefe, tamén Marga ponse na súa contra, criticando que a súa falta de dilixencia puidera poñer en perigo a investigación do crime dos Piñeiro.

Por outra banda, Santos visita a Raquel e Gloria, e quere artellar unha alianza cos rusos. Raquel non está de acordo, e poñerase en contacto con Fatmir. Pouco antes do episodio de mañá, ás 22.00, unha nova xeira de Crónicas de Serramoura para coñecer de man dos personaxes todos os detalles da ficción.