Chegou a ilusión

Fran Bouso O OUTEIRO DE MONDOFORTE

A MARIÑA

04 abr 2017 . Actualizado a las 12:03 h.

Anova máis antiga que temos en relación ás primeiras proxeccións cinematográficas que se fixeron en Mondoñedo é unha breve nota que aparece na páxina 3 de “El Regional. Diario de Lugo” no seu número 10271 do día dous de maio de 1899: “Por llenos cuenta sus exhibiciones en Mondoñedo el cinematógrafo que había de presentarse al público en el Teatro-Circo de Lugo”.

Uns días antes, o 23 de abril, “La Idea Moderna. Diario democrático de Lugo” recollía que: “Por haber hallado dificultades la empresa de alumbrado eléctrico para suministrar luz al Teatro-Circo, no podrán celebrarse las exhibiciones de un magnífico cinematógrafo, como intentaban los arrendatarios del coliseo”.

Destas dúas novas podemos deducir que a finais do mes de abril de 1899 a ilusión do cine chegou a Mondoñedo e que se isto foi debido a que o subministro eléctrico na Cidade da Paula era de maior calidade que o capitalino.

O 7 de maio “El Regional. Diario de Lugo” apunta que: «En el tren correo de anoche llegaron a esta capital los propietarios del cinematógrafo que ha de exhibirse en el Teatro-Circo. Mucho más perfeccionado este cinematógrafo que los que hasta el presente tuvo ocasión de ver el público lucense, añádase a esta circunstacia el aliciente de contar con una colección de cerca de doscientas vistas representando algunos sucesos tan recientes como el del entierro de Mr Faure, en París».

Tres días despois “El Lucense. Diario católico de la tarde” anuncia que: “Hoy tendrá lugar en el Teatro-Circo la primera sesión del cinematógrafo, alternando con una de microfonógrafo”.

As primeiras películas

Daquela, as sesións de cine eran ben diferentes ao que hoxe estamos acostumados. Por exemplo, a inaugural do dez de maio no Teatro-Circo de Lugo comezou cunha sinfonía reproducida no microfonógrafo, de seguido proxectáronse dez cintas de temática relixiosa: “Entierro en Jerusalén”, “Procesión de Semana Santa (Sevilla)”, “Viaje de Jafa a Jerusalén (vista del monte Thabor)”, “Entrevista de napoleón con el Padre Santo (Roma), Nacimiento del Niño Jesús y adoración de los Santos Reyes”, “Domingo de Ramos, entrada de Jesús en Jerusalén”, “La coronación del Señor y camino del Calvario”, “Llegada del Señor al monte Calvario, donde le crucifican entre los dos ladrones”, “La Resurrección del Señor”, “Metamorfosis de Fausto y aparición de Margarita”. Rematado o primeiro pase había un intermedio con música de zarzuela, ópera e valses e remataba a función con outras dez películas de temática variada: “Llegada de un escuadrón, carga y pie a tierra contra el enemigo”, “Ascensión de Milá en su magnífico globo (Valencia), “La conserje incomodada y un cartero que sufre las consecuencias”, “El gran prestidigitador míster Hermán”, “Salida de una boda en la catedral de Barcelona”, “Gran montaña rusa sobre agua (San Sebastián), “Cabo de Peñas, un día de borrasca en el mar”, “Baños negros tagalos (Filipinas), “Desfile de la Guardia de Caballería (París)”, “Gran baile andaluz, en casa de Lagartijo (Córdoba)”.

O espectáculo comezaba ás nove da noite e os prezos oscilaban entre os 50 céntimos e unha peseta.

En Lugo, o invento dos Lumiere estivo tres días, do 10 ao 13 de maio de 1899 e como reseñaba “El Regional”: “Asistiendo una regular concurrencia y siendo aplaudidos algunos de los cuadros exhibidos”.

* Fran Bouso, mestre e escritor.