As «Figuracións» de Che Tembra abren na Pobra un cóctel de música, maxia e teatro

La Voz

BARBANZA

O Maio Cultural ofrece un amplo abano de actividades

05 may 2016 . Actualizado a las 05:45 h.

Venres • Casa de cultura Raquel Fernández Soler • 20.00 horas • O artista de Taragoña Che Tembra será o encargado de abrir o Maio Cultural da Pobra. En colaboración coa asociación Barbantia, presentará Figuracións. Onte e hoxe das nosas letras, unha exposición dedicada aos escritores máis destacados de Galicia, que permanecerá aberta ata fin de mes.

 

 

A Illa dos Nenos

Días 11 e 12 • Teatro Elma • 12.00 horas • Medio milleiro de escolares acudirán ao espectáculo Uxío no país de patacabra, a cargo de A Illa dos Nenos. Trátase dunha montaxe que mestura maxia, teatro e monicreques.

 

 

Encontro de corais

Día 14 • Teatro Elma • 21.00 horas • A coral Abrente da Pobra compartirá escenario cos orfeóns de Melide e de Bueu no encontro que está organizado pola asociación Amas de Casa.

 

 

Eiradela

Día 15 • Teatro Elma • 20.00 horas • A asociación Eiradela presenta Traballando no noso, un espectáculo no que se mesturan fotografía, teatro, música e baile.

 

 

Festa infantil

Día 16 • Cantón da Leña • De 17.00 a 20.00 horas • Obradoiros variados, xogos sobre a figura de Manuel María, un fotomatón e animación integrarán a festa infantil das Letras Galegas. Os nenos recibirán exemplares de Os Bolechas no Barbanza e Lagarto pintado.

 

 

Concerto

Día 16• Teatro Elma • 20.30 horas • O artista santiagués Luis Emilio Batallán interpretará grandes clásicos da música galega con motivo da celebración dos 41 anos do disco Aí ven o maio.

 

 

Contos

Día 17 • Biblioteca • 12.30 horas • Pablísimo desembarcará na vila cunha maleta chea de contos titulados Mans.

 

 

Migallas Teatro

Día 19 • Teatro Elma • 11.30 horas • Uns 150 nenos ocuparán as butacas do teatro para ver o espectáculo Merenda con pan de millo, baseado no libro-disco Pan de millo editado por Kalandraka. Enriba do escenario estarán os membros de Migallas Teatro.

 

 

Maxia

Día 21 • Teatro Elma • 20.00 horas • Caytano Lledó presentará Sherlock Holmes, un espectáculo con teatro, maxia e moito humor.

 

 

Música didáctica

Día 30 • Teatro Elma • 10.00 horas • A Banda de Música da Pobra ofrecerá un concerto de carácter didáctico dirixido aos escolares.