ALFONSO MARIÑO

«Os dous órganos viñeron do exterior»

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

O Clínico de Santiago realizou un transplante de ril e outro de fígado o día 26: «Non foi unha xornada diferente a cando temos un doador no hospital. Esta vez os órganos viñeron do exterior, e cando temos un doador aquí pode dar lugar nun día a dous enxertos de ril, un de fígado, de páncreas, e mesmo enviar corazón e pulmón a outros centros».

-¿Cómo chegaron ese ril e ese fígado a Compostela?

-A Organización Nacional de Transplantes coñece as características dos doentes en lista de espera. Ao coincidir as características deses órganos coas de persoas en espera en Santiago fixeron a oferta, trasladaron os órganos e aquí implantamos o ril e o fígado sen incidencias.

-¿Como foron as intervencións?

-O transplante de ril foi pola mañá e o de fígado pola tarde; ao revés de cando hai un doador aquí, pois nese caso o normal é transplantar primeiro o fígado. Os dous doentes están ben.

-¿Por qué non houbo enxertos de corazón e páncreas entre tantos que coincidiron?

-Porque a esixencia para transplantar eses órganos é maior, hai máis posibilidades de contraindicacións por sufriren doenzas os doadores. É difícil que se poda utilizar un páncreas dun doador de máis de 45 anos.

-¿Cómo está sendo este ano en transplantes?

-En Santiago, moi similar aos últimos: tivemos 8 doadores e realizamos 20 transplantes de fígado e 11 de ril. A diferenza está en que hai máis contraindicacións e estamos a rexeitar máis órganos que outros anos.