Novos valores para a literatura

O colexio Peleteiro entregou onte os premios Minerva nun acto con Yolanda Castaño como mantedora

.

31/03/2017 05:00 h

A narrativa e a poesía galega teñen relevo xeracional. Así quedou patente na nova edición dos premios literarios Minerva organizados polo colexio Manuel Peleteiro, que foron entregados onte, coa poetisa e crítica literaria Yolanda Castaño como mantedora. Despois, os autores premiados leron fragmentos das súas creacións. O peche foi, unha vez mais, cunha recepción aos premiados, profesores e invitados.

En narrativa, o relato gañador foi o de Alba Pérez Barcala (IES de Cacheiras, Teo). En segundo lugar quedou Sandra Ferreiro (IES Manuel García Barros, A Estrada), e no terceiro, Lucía Blanco (IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña). Recibiron accésit Iago Fraga (IES Francisco Asorey, Cambados); Cecilia Fidalgo (Colexio Manuel Peleteiro, Santiago); e Iván Tubío (IES da Pobra do Caramiñal).

Pola súa banda, Alba Pérez Carrera (IES Rosais 2, Vigo) conseguiu o primeiro premio na modalidade de poesía, situándose a continuación Inés Outumuro (IES Eduardo Blanco Amor, Ourense) e Iria Rivas Prieto (IES San Rosendo, Mondoñedo). Os accésits foron para Carmela Franco (IES Moncho Valcarce, As Pontes); Laura Corral (Colexio Santa María do Mar, A Coruña); e Juan Carlos Rocamonde (Colexio Manuel Peleteiro, de Santiago).

En total, nesta edición presentáronse 164 traballos ao concurso literario, 92 narracións e 72 triloxías poéticas.

Votación
2 votos
Comentarios