O bengalí Anik Nandi inicia en Santiago un programa de dinamización do galego

Joel Gómez SANTIAGO COUDAD

SANTIAGO CIUDAD

XOAN A. SOLER

O seu interese polo idioma comezou en Ourense hai 10 anos, e agora anima a que o alumnado de 12 centros do país o use

10 ene 2017 . Actualizado a las 16:17 h.

Falando  un galego fluido e moi correcto, o sociolinguista bengalí Anik Nandi, quen recentemente conseguiu o doutoramento nesta disciplina na Universidade de Edimburgo, iniciou hoxe no IES San Clemente de Santiago a súa participación no programa de dinamización linguística O galego é un mundo. Continuará nas próximas semanas e visitará un total de doce centros educativos do país. En todo fará o mesmo: ofrecer argumentos para que o alumnado galego utilice a língua autóctona do país en todas as circunstancias da vida.

Anik Nandi estivo acompañado nesta primeira actividade do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e da coordenadora central dos equipos de dinamización da língua galega, Sabela Gil. Anik indicou que o seu interese polo galego comezou en Ourense no ano 2007, nun centro educativo da cidade, onde tivo unha experiencia docente para o ensino do inglés. Continuou nos anos seguintes, durante a súa etapa de formación en España. Tamén se sentiu atraído pola literatura, e ten participado mesmo en recitais de poesia galega.

Valentín García afirmou que coa presenza de Anik Nandi o obxectivo é evidenciar a diversidade lingüística existente no mundo e erradicar prexuízos sobre o galego. Como confirmou o próprio Nandi, o bengali e un idioma que ten 260 millóns de falantes, o sexto en número de usuários do mundo; porén, é minoritário na India. Hai estratexias que se utilizan para normalizar o bengali que poder resultar tamén valiosas para o caso do galego, segundo se salientou. Valentín García resaltou que o monolingüismo non é a norma no mundo, pois dous terzos da poboación mundial fala máis dun idioma.

Alén do IES San Clemente, onde foi recebido pola directora do centro, Carmen Viñas, e polo profesor Marcos Vence, Nandi visitará, segundo o programa avanzado por Política Lingüística, os IES Félix Muriel (Rianxo), de Carral, Manuel Murguía (Arteixo), Aquis Celenis (Caldas de Reis), Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa), Carlos Casares (Vigo), Chano Piñeiro (Forcarei), Taboada Chivite (Verín), Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia), Plurilingüe Navia de Suarna, e Dionisio Gamallo (Ribadeo). En todos eles a súa presenza é organizada polos equipos de dinamización da língua galega.