O Centro Dramático Galego produce a primeira obra de Valle-Inclán traducida ao galego

Tamara Montero
Tamara Montero SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

CONCHI PAZ

Tito Asorey e Marta Pazos dirixirán «As galas do defunto» e «A filla do capitán»

13 dic 2016 . Actualizado a las 17:51 h.

De «feliz coincidencia» calificou o conselleiro de Educación a liberación dos dereitos de traducción da obra de Ramón María del Valle-Inclán, porque permite engarzar a programación do 2017 do Centro Dramático Galego coa celebración do 150 aniversario do nacemento dun dos «máis grandes fillos de Galicia». Porque o CDG dedica a este autor a súa produción propia e estreará o próximo 31 de marzo a primeira obra traducida ao galego do creador do esperpento. Tito Asorey e Marta Pazos dirixirán dúas das pezas que conforman a triloxía Martes de Carnaval: As galas do defunto e A filla do capitán. 

«Tiña claro con quen me apatecía traballar Valle», explicou a directora do CDG, Fefa Noia, que chamou a Tito Asorey e Marta Pazos, cos que levaba traballando dende antes do verán na escolla dos textos. «Hai que ter en conta sempre a sensibilidade do director, porque é un artista máis no proceso» e debe ter capacidade de decisión. A responsable do centro dramático no deu máis detalles sobre en que consistirá a montaxe, pero si adiantou que Manolo Cortés será o encargado da tradución, «un piar moi esencial desde Valle no Centro».

Por que só dúas das tres pezas da triloxía? «Nun mundo utópico eu querería realizar unha produción que cubrise prácticamente a obra íntegra de Valle e poder desenvolver tres ou catro producións ao longo do ano». Pero Fefa Noia recoñeceu que «non sería asumible orzamentariamente falando nin medindo as forzas do teatro mesmo»e por iso se escolleron esas dúas pezas.

Carlos Casares e Elisa y Marcela

O CDG tamén coproducirá catro montaxes teatrais, entre eles unha aproximación dramática a Os mortos daquel verán, obra de Carlos Casares adaptada por Diego Rey e Artur Trillo, de Talía Teatro. «As laranxas máis laranxas de todas as laranxas xa pasou por este escenario con asiduidade dabondo e por iso queriamos explorar outro tipo de teatro» e optaron por adentrarse na aproximación dramática dunha novela.

Ademais, en colaboración cunha compañía de recente creación, A Panadaría, o CDG porá sobre as táboas Elisa e Marcela que conta a historia do que foi o primeiro matrimonio homosexual da historia do país pero tamén «da búsqueda dun espazo de liberdade individual, que penso que é a loita que todos os individuos temos hoxe en día e que tivemos ao longo da historia», afirmou Fefa Noia.