Santiago festexa os 100 anos das Irmandades

Montse García Iglesias
Montse García SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Montse García

Música, arte, mesas redondas e actuacións sucédense ao longo da xornada

29 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Santiago conmemora hoxe o centenario da creación da Irmandade da Fala na cidade con diferentes actos ao longo de todo o día. Pola mañá, a música, o teatro, a arte e as mesas redondas foron as protagonistas e, aínda que a choiva fixo acto de presenza, as actividades que eran na rúa celebráronse igual aproveitando os soportais da zona vella. 

A praza de Cervantes foi un dos epicentros festivos da mañá, coa pintura en vivo a cargo de Ceestola na Cachola, e tamén a primeira das actuacións musicais neste espazo, a cargo de Alba María e Luís Caruncho, que demostraron que teñen perfectamente dominada a improvisación. O acto central está previsto ás 19.30 horas no Panteón de Galegos Ilustres, incluíndo un recital poético e un concerto de canto e piano.