O IES de Milladoiro foi o más animado na carreira do idioma

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

A carreira polo idioma Correlingua modificou o seu itinerario e foi un pouco máis breve por causa da chuvia

05 may 2015 . Actualizado a las 09:47 h.

A carreira polo idioma Correlingua modificou o seu itinerario e foi un pouco máis breve por causa da chuvia, que provocou que dous centros desistisen de participar. Porén, máis de mil estudantes de 15 centros, de Compostela e municipios próximos, participaron, e o IES do Milladoiro levou o premio á mellor animación, aínda que os do Antón Fraguas, e do Macías o Namorado de Padrón, tamén se fixeron notar. Ao final, na praza Quintana, actuou o grupo Monoulious DOP no acto final, que presentou Xurxo Souto.