«Ao penal do Forte de San Cristóbal foron 600 galegos»

SANTIAGO CIUDAD

Lourenzo Fernández Prieto moderou a mesa redonda do Ateneo de Santiago sobre o penal.
Lourenzo Fernández Prieto moderou a mesa redonda do Ateneo de Santiago sobre o penal. xoán a. soler< / span>

Pasaron por el 5.000 presos e os peores anos foron do 36 ao 45

04 mar 2015 . Actualizado a las 10:03 h.

Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia da USC, foi o encargado de moderar a mesa redonda Galegos no penal do Forte de San Cristóbal (Navarra), na que participaron Eliseo Fernández, documentalista e especialista na historia do Movemento Libertario en Galicia; Andrés Domínguez, doutor en Historia da USC; José Novas, membro da Asociación Johan Carballeira de Bueu; Antonio Míguez, doutor en Historia da USC; e Xosé Ramón Pousa, doutor en Ciencias da Comunicación da USC. Na mesa falouse da conversión do forte de San Cristóbal en penal no momento do golpe franquista.

-¿A quen enviaron ao penal de San Cristóbal?

-Alí levaban aos presos considerados perigosos politicamente para os golpistas, porque a realidade é que non eran perigosos. Alí foron apresados os cadros intermedios, alcaldes de pequenos pobos, intelectuais e persoas do mundo cultural. Ao longo dos anos do penal houbo 5.000 presos de toda España e uns 600 galegos. Chama a atención o elevado número de galegos, que foron levados ao penal de San Cristóbal. Moitos deles participaron activamente na famosa fuga, na que fuxiron 900 presos; e moitos conseguiron chegar a Francia, pero outros moitos morreron.

-¿Por que levar aos galegos a un cárcere tan afastado?

-Era a política penitenciaria do franquismo e tamén dos primeiros momentos do golpe de Estado. Se trataba de afastar ás persoas da súa terra para deixarlles o máis lonxe posible das súas familias. Era unha dobre condena para unhas persoas que o único crime que cometeron foi formar parte dun goberno lexítimo. Hai seis anos presentouse un libro sobre a vida de Ernesto Carratalá, que estivo alí. Foi profesor de instituto en Barcelona, antigo militante de CC.OO. e, non o sei, pero espero que siga vivo. No libro contaba en primeira persoa o que foi aquel cárcere, sobre o que hai moitos estudos.

-¿É unha etapa vergonzosa da nosa historia?

-Chama especialmente a atención que haxa tantos expertos sobre este tipo de prisións franquistas. Na mesa redonda había cinco expertos que tiñan moito que aportar. Aínda que ese cárcere estivo aberto practicamente todos os anos do franquismo, os peores foron entre 1936 e 1945. Nestes anos foi cando máis presos foron enviados ao penal e cando a situación foi máis difícil e terrible para eles.

Lourenzo Fernández Prieto catedrático de historia da usc