Concertos Express en seis claustros e oito do mellor barroco en dúas igrexas

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

PABLO OTÍN

30 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Trinta minutos é o tempo que van durar os dezanove Concertos Express dun programa especial que se vai desenvolver en seis fermosos claustros doutros tantos edificios históricos da cidade: Hostal dos Reis Católicos, Colexio de Fonseca, San Domingos de Bonaval, Colexiata do Sar, antigo hospital de San Roque e en San Martiño Pinario. Estes concertos son unha especie de delicatessen no marco do Vía Stellae, na liña na que, fóra de Santiago, o festival ten previstos concertos nos mosteiros de Carboeiro, en Silleda, e no de Sobrado dos Monxes, baixo o título Música e Arte . Nestes casos, a organización do festival disporá dun servizo de autobuses para facer visitas guiadas complementarias aos concertos. Os Concertos Express serán cada día, a partires do mércores, ás 18.00 horas, agás os días 8, 12 e 15, que están anunciados para ás 12.30 en Fonseca e no Hostal. Estes programas breves serán interpretados por instrumentistas solistas e formacións de música antiga e de cámara. En canto á música barroca dos oito concertos programados, o marco elixido son as igrexas de San Domingos de Bonaval e a da Universidade. Nos oito casos á entrada é de balde, aínda que será necesario retirar invitación. As persoas que decidan mercar os abonos para os trece concertos restantes terán prioridade para recollelos. Os abonos pódense mercar por separado para as seis citas no Auditorio, a un prezo neste caso de 45 euros, ou para os 7 que terán lugar no Teatro Principal e no Salón Teatro, por 27 euros. Ou para o total da oferta por de 72 euros. As entradas soltas custan de 3 a 10 euros. Están á venda ate o mesmo martes na oficina de Turismo de Galicia, na Rúa do Vilar 30-32. Un dos oito programas barrocos é o que ofrecerá o día 12 ás en San Domingos e ás 19.00 horas as formacións dirixidas por Sir John Eliot Gardiner: The English Baroque Soloists e The Monteverdi Choir, que contarán coa actuación da Compañía de danza Roussat-Lubek. Interpretarán Mess des mortes de André Campra. Gardinet fará doblete ese día, porque ás 21.00 horas estará dirixindo no Auditorio de Galicia Rameau espectacular .