A Casa-Museo de Rosalía acolle o Día Escolar pola Paz

La Voz

ROIS

30 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, en A Matanza, no concello de Padrón, acolle hoxe un acto conmemorativo do Día Escolar pola Paz, organizado polo Seminario Galego de Educación para a Paz. Está previsto que asistan alumnos de varios centros da comarca, coma os colexios Rosalía de Castro de Padrón; os de Urdilde e Dices, en Rois, e os institutos padroneses Macías O Namorado e Camilo José Cela. Tamén asistirá Anxo Angueira e Manuel Dios.