Dodro pide que un ano se lle dedique o Día das Letras Galegas a Eusebio Lorenzo Baleirón

Uxía López Rodríguez
Uxía López DODRO

PADRÓN

O pleno da corporación acordou por unanimidade cursar unha solicitude a Real Academia Galega

04 may 2017 . Actualizado a las 12:26 h.

O pleno do Concello de Dodro aprobou esta mañá, por unanimidade de todos os grupos, unha proposta para solicitar a Real Academia Galega que dedique un ano o Día das Letras Galegas ao poeta Eusebio Lorenzo Baleirón, "unha das figuras máis insignes" deste concello, tal e como dixo o portavoz da Unidade Veciñal, Fabián Sanmarco. Este grupo foi o que presentou a moción que se debatiu no pleno extraordinario, pero fíxoa extensible ao resto dos partidos de modo que dixo que era unha proposta "de toda a corporación e de todos os veciños de Dodro".

Algúns asistiron ao pleno para dar o seu apoio a proposta e, entre eles, estaban o irmán do poeta, Manuel Lorenzo Baleirón, e o escritor de Dodro e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. Todos os grupos desexaron que a Real Academia Galega teña en conta a súa petición e dedique un ano o Día das Letras Galegas a Eusebio Lorenzo mentres que o irmán, en nome da familia, agradeceu ao concelleiros aos veciños de Dodro a iniciativa ao tempo que dixo que "Eusebio segue vivo na memoria e no cariño de todos".

O pleno rematou cun aplauso. O Concello trasladará a solicitude a Real Academia Galega.