Ialma inicia xira en Padrón

PADRÓN

CEDIDAS

Actuará hoxe na Casa de Rosalía e o 1 de maio en Santiago

24 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

19 horas • Casa de Rosalía en Padrón • As cantantes e pandereteiras do grupo Ialma saben moi ben que significa ser inmigrantes nos tempos que corren. Os pais das catro mozas galego-belgas abandonaron España por motivos económicos e políticos e conseguiron asentarse en Bruxelas, onde naceron as irmás Verónica e Natalia Codesal, Marisol Palomo e Magali Menéndez. Agora, tras unha traxectoria de case vinte anos chegan a Galicia para iniciar a xira do seu quinto disco, Camiño: de Bruxelas a Santiago. «É o disco máis persoal, porque fala das nosas historias e as dos nosos pais, de como tiveron que marcharse, do que sufriron e tamén do que gañaron», explica Verónica Codesal. En Santiago estarán o 1 de maio.