«Atopamos o orzamento esgotado, imos rematar o ano en negativo»

emma araújo SANTIAGO / LA VOZ

ORDES

Martínez Sanjurjo confía a súa xestión ao diálogo e á vontade construtiva da oposición.
Martínez Sanjurjo confía a súa xestión ao diálogo e á vontade construtiva da oposición. álvaro ballesteros< / span>

Anuncia un PXOM participativo e conta coa vontade construtiva da oposición

26 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

José Luis Martínez Sanjurjo (Ordes, 1977) debe andar de planta como John Wayne pero o seu bastón de mando non semella un wínchester, se non as luvas do boxeador de El hombre tranquilo. Doutro xeito non se explica que despois de gañar as eleccións por una presiña de votos, e co seu antecesor no cargo botando o resto para manterse no poder, diga simplemente que «despois do resultado, e coa tranquilidade da lista máis votada, tiña claro que chegar a alcaldía xa non dependía de min».

-Vostede chegou hai catro anos á portavocía do PP sen ser antes concelleiro e hoxe é alcalde. ¿Como se consegue nun partido que non está en bo momento?

-Eu colaborara con Terra Galega no 2007 e cando xa estaba na xunta local do PP en Ordes propuxéronme ser candidato e logo tiven a oportunidade de repetir. Pero teño que recoñecer que o momento do partido non axudou a captar votos. Captámolos polo labor continuado na oposición, polo trato cercano cos veciños e escoitar as súas inquedanzas para darlle traslado no pleno.

-¿Axudou a renovación na lista?

-A nosa campaña foi pola renovación. De 27 persoas da lista, quince participan por primeira vez en política. Ana Soneira e Beatriz Martínez, primeira e segunda tenente de alcalde, teñen 33 anos. A xente apostou por unha candidatura de cambio.

-O seu é un goberno en minoría, aínda que por Ordes din que pode haber aterraxes de UxO...

-Sería unha contradición e tamén contraproducente darlle unha oportunidade para reintegrarse no PP a xente como Roberto González ou Regos. A miña aposta, no que eu poida dicir a nivel local, é que isto non suceda. Nós traballamos pensando en que a xente votou un goberno de cambio en minoría

-¿E cales va ser as prioridades para este mandato?

-O Plan Xeral para o 2018. Ordes perdeu potencial industrial, comercial e hostaleiro, e tamén perdeu poboación. E xente nova tampouco ten oportunidades para quedar no seu pobo.

-Hai a teoría de que un alcalde.que fai un PXOM perde a alcaldía. E por riba, en minoría. ¿É viable?

-Teño confianza na vontade construtiva da oposición e o Plan Xeral vai ser participativo e aberto á cidadanía porque ten que ser o motor do noso futuro para crear esa área industrial no entronque da entrada e saída da AP-9. E como municipio temos una situación privilexiada.

-Ordes non anda moi ven de estradas, N-550, Mercurín...

-A N-550 é vital. Fomento ten prometidas melloras e a interseción de Queis. Coa obra de Mercurín hai compromisos para unha parte, pero faltan 700.000 euros para rematala. Gustaríanos, dende a estrada a Carballo continuar un tramo para bordear Ordes e darlle un novo acceso ao tanatorio e ao IES. E Temos que darlle uso ao centro comarcal e unha volta a Expoordes.

-¿E a situación económica?

-Ao entrar solicitei un informe de Intervención e atopamos o orzamento esgotado, imos rematar o ano cun saldo negativo de tesouería.