O caciquismo ordense e as estrelas

Ramón Vilar ESTRADAS SECUNDARIAS

ORDES

27 ene 2015 . Actualizado a las 18:10 h.

A principios dos anos 80 alguén creou un curioso e chamativo adhesivo para coches que deu moito que falar: «Ordes, terra de caciques e do bo xantar». Pero quen eran os caciques? O cacique era a persoa que polo seu poder económico e posición social se encargaba de controlar o voto das persoas con dereito a sufraxio na súa localidade.
Aínda que o exercicio do caciquismo segue a ser para moitos unha mazá demasiado tentadora, esta distorsión democrática viviu a súa etapa dourada durante a chamada Restauración Borbónica (1874-1923). E se na comarca houbo un cacique por excelencia ese foi Saturnino Aller Rodríguez. 
Teño a sorte de contar coa amizade da persoa que máis ten traballado na recuperación da memoria histórica da bisbarra. Así que non dubidei en preguntarlle por Saturnino Aller. Semanas despois, tomando un café no bar Túnel, Manolo Pazos deixoume un monllo de fotocopias referentes a aquel ilustre cacique.
Entre moitos outros datos subliñábase que aquel preboste político, pertencente a unha familia fidalga de Mesía, se licenciara en Dereito na Universidade de Santiago e que se interesara pola política dende moi novo. Ademais de alcalde de Ordes, onde residía, foi deputado nas Cortes entre 1905 e 1907 e presidente da Deputación (1915-1919). Xa maior, deixou as veleidades políticas exteriores e centrouse na comarca. Dende aquí apoiou a Alfonso Senra, un político de Tui que foi elixido deputado polo Distrito de Ordes e que acabou ocupando diferentes cargos en Madrid ata a súa morte en 1951.
Mais o que máis me chamou a atención foi a descrición do multitudinario enterro que, coma un magnífico fresco, nos dá ben ás claras a imaxe do clima social e político na localidade hai máis de 90 anos:
«(...) Se organizó el cortejo ante la casa mortuoria en Órdenes. Recogían las cintas que pendían del féretro los excompañeros del finado en aquella Corporación: Señores Llamas Tojo, Aperribay, del Moral Sanjurjo y Barreiro y constituían la presidencia del duelo el subsecretario de Fomento y  diputado por el distrito señor Serna que desde Vigo llegara la víspera a la villa, el presidente de la Diputación señor Vilas González, el hijastro del finado señor Puga Pequeño, su sobrino el sacerdote e ilustre matemático Don Ramón, el inspector provincial de Sanidad señor Fernández y los señores Cornide y Santaló, de La Coruña, además de todas las autoridades y personalidades de Órdenes y Ayuntamientos contiguos.
Un gentío inmenso llenaba la carretera, testimoniando su pesar por el fallecimiento sentidísimo del amigo y del jefe político de la comarca. A la salida del pueblo, hasta donde fué conducido el ataud en hombros de algunos caseros del señor Aller, se le depositó en un automóvil, que seguido de otros muchos de línea y particulares, en los cuales se acomodaron las conocidas personas que formaban la cabecera del cortejo, emprendió la marcha hasta la lejana parroquia de Castro,  Mesía, en cuyo recogido y poético cementerio, donde se alzan los panteones de la familia Aller, recibieron los restos mortales cristiana sepultura  (...)»
La Voz de Galicia, 02/05/1923
A vida, neste caso a morte, é coma unha bóla de futbolín, e ás veces describe as parábolas máis estrañas e curiosas. Sen descendencia, Saturnino Aller deixou disposto que o usufruto dos cuantiosos bens fosen para un seu sobriño de Lalín. Este non era outro que o catedrático Ramón María Aller UIloa. Grazas a aqueles recursos o máis grande astrónomo galego puido adquirir un enorme refractor de 120 mm de abertura e 1.800 mm de distancia focal. E así mediu fascinantes estrelas dobres, examinou planetas e inventariou estrelas fugaces. Do local ao universal co sopro dun cacique.