Interese polo sector forestal na Xornada Pousa Antelo

La Voz

NEGREIRA

FORXAN

A actividade celebrouse no local social de Broño, en Negreira

29 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O sector forestal e as alternativas de futuro centraron a segunda Xornada do Rural Pousa Antelo, promovida dende a Asociación Cultural Afonso Eanes, e que tivo un seguimento importante de público no local social de Broño. A sustentabilidade económica de moitos concellos rurais pasa polo sector forestal, que en Galicia emprega a 22.700 persoas. A Lei de Montes, a certificación forestal e unha visión social e cultural foron abordadas polos enxeñeiros. O colofón ao acto chegou cunha homenaxe á labor de Amador Rodríguez Troncoso, ex xefe de Extensión Agraria

.