O Concello e a Fundación Feiraco entregan os premios de pintura

Negreira / la voz

NEGREIRA

<span lang= gl >O alcalde negreirés Jorge Tuñas con algúns dos gañadores.</span>
O alcalde negreirés Jorge Tuñas con algúns dos gañadores. forxán

Houbo seis gañadores en dúas categorías

18 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Negreira entregou os premios do certame de pintura infantil Negreira en cor, patrocinado pola Fundación Feiraco, dentro da programación das Letras Galegas. Este acto serviu para a clausura da actividade da Escola de Pintura e Debuxo, coa entrega de diplomas a todo alumnado participante nas clases impartidas por Silvia Capelo. No acto participou o alumnado da Escola Municipal de Pandeireta.

Na categoría de 6 a 12 anos os gañadores foron Daniela Ruso Pereiro, por Só dous; Inés Rivas Blanco, por Bosque de cor, ambas de Negreira; e Andrea Rial Canosa, de Vimianzo, por Paisaxe. Na categoría de 13 a 18 anos, o gañador foi Manuel Mosquera Dapena, de Ames, polo seu cadro De peregrinaxe; seguido de Retratos, de Yago Ultramar (Santiago); e o terceiro posto foi para o negreirés Ángel Freire Platas, polo seu cadro titulado Galeón.