Presentan o libro gañador do certame de narrativa inédita en galego


O escritor galego afincado en Madrid, Xesús Manuel Marcos, presentou onte en Melide a obra coa que gañou a sétima edición do certame de creación literaria convocado polo Concello para promover a escrita de narrativa inédita en galego. A lúa dos everglades é o título do libro, que se pode atopar nas librerías baixo o selo de Xerais.

O director xeral da editorial, Manuel Bragado; e a alcaldesa melidá, Socorro Cea, presidiron xunto co escritor o acto de presentación da obra, pola que Xesús Manuel Marcos tamén percibirá como premio 6.000 euros. Co Terra de Melide, Marcos acada o seu sexto premio literario.

Votación
0 votos