La esencia de 25 concellos, revelada

Santiago / la voz

BRIÓN

Fallado el concurso infantil de redacción y dibujo organizado por La Voz de Galicia

22 mar 2015 . Actualizado a las 04:00 h.

Una misma calle, un mismo rincón que genera diferentes emociones. Los encargados de trasladarlas son los aproximadamente 1.500 escolares de la práctica totalidad de los 25 municipios del ámbito de la Delegación de Santiago de La Voz que no dudaron en demostrar su creatividad, talento y esfuerzo para revelar la esencia del entorno más cercano en el concurso de redacción y dibujo Coñece o teu concello, organizado por La Voz con la colaboración del Concello de Santiago y la Deputación da Coruña. Hay un primer premio y dos accésits en cada modalidad. Los ganadores recibirán un Apple Ipad mini y los cuatro accésits consistirán en sendas Tablet Samsung. Se entregarán en un acto en el pazo de Raxoi próximamente.

En dibujo, el primer premio es para Ángela Pereira Seoane, de Sergude-Boqueixón, que cursa segundo de primaria en La Salle y quien recreó la estatua de las Marías. Los accésits correspondieron a Cayetana Amoedo Fontoira, de primero de primaria del colegio Peleteiro, por una vista nocturna de la Catedral y a David Fernández-Barja López, de primero de primaria de La Salle, que pintó en acuarela las torres del Gaiás.

Concurso de redacción

Daniel Souto venció en el concurso de redacción con un relato sobre el origen de Brión. Por su parte, Carmen Vázquez logró un accésit mostrando la cara más desconocida de Compostela y Alejandro Amoedo el otro echando mano del humor.

primer premio

Brión non sempre se chamou Brión, antes chamábase A Baralleira. Por que?

Hai moito tempo, arredor do século V, en Brión vivían unhas criaturas moi estrañas, chamadas cartas. Eran finas coma o papel e diferenciábanse segundo os paus (copas, bastos, ouros e espadas) e polo número (ases, douses, sotas, reis). Aínda que non eran os únicos habitantes de Brión, nunca se cruzaran cos Moscoso, unha familia de nobres que vivía nas torres de Altamira. As cartas eran felices pero ás veces tiñan disputas por saber que pau tiña que mandar. Dentro de cada pau os que máis mandaban eran os 7, pois segundo o goberno escobés, coma na escoba, os 7 son os máis importantes. Antes tamén houbo distintos gobernos, como cinquillés (cinquillo), no que os 5 son os máis importantes; o burrés (burro) -o xogo, non o lector-, no que todos eran iguais menos os burros; e o goberno da carta máis alta, no que a autoridade dependía da altura da carta (Rei>Sete>Dous>As).

O caso é que os setes decidiron escoller unha carta de cada pau para que logo loitasen e quedase claro que pau era o mellor. O 7 de espadas organizou unha loita de esgrima, gañou o As. O 7 de bastos, ao enterarse da noticia, intentou derrotar a todos pero venceuno a sota (os bastos son moi brutos). O 7 de ouros nomeouse a si mesmo gañador por ser máis rico (os 7 son moi egoístas e, entre os paus, os ouros son os máis egoístas, así que imaxinade o 7 de ouros!). O 7 de copas decidiu elixir ao 4 por ser o máis amable e xeneroso.

Fixouse a data do torneo final nuns días. Ao comezo íase celebrar á beira do río Pego, pero empezou a chover un pouco e trasladáronse á carballeira de Santa Minia, mais chovía tanto que nin as pólas dos carballos evitaban a chuvia e tiveron que pensar noutro lugar. Estaban indecisos pero viron o castelo de Altamira e decidiron celebralo alí dentro, pois estaban quentiños e non se mollaban. Por pouco non se cruzaron cos Moscoso, que acababan de saír uns minutos antes.

As bases establecidas na final eran estas: o obxectivo do concurso é facer que o resto dos participantes se renda, gañará o que aguante máis sen renderse, poderase usar a forza bruta, poderase comprar a rendición allea pero hai que cumprir os tratos.

O 7 de ouros, para reter ao As de espadas ofreceulle unha suma enorme de cartos. O As aceptou e rendeuse, pero o 7 non cumpriu o trato e expulsárono. A Sota de bastos, que quería gañar a toda costa, púxose a perseguir ao 4 de copas, que non sabía se enfrontarse a el (e demostrar que as copas non eran unhas debiluchas) ou non facerlle dano, pois parecíalle espantosa a idea de ferir a alguén. A Sota foi destrozando todo (paredes, teito...) para derrotar ao 4. Xusto cando o 4 se ía render escoitouse un rumor e baixou do ceo outro catro de copas... espera... non era un 4 de Copas senón un 4 de Corazóns!

O estranxeiro díxolles: «Vide á miña terra, na Francia. Alí hai máis ouro, ferro e cartas coas que loitar». Ante esta oferta todas as cartas quixeron ir menos as Copas, que lles gustaba moito Galicia. As cartas marcharon e as Copas decidiron vivir no foxo do castelo. Pasadas unhas horas chegaron uns seres moi raros. Eran como os debuxos que saen na sota pero moito máis rechonchos. Eran iguais que os Moscoso, só que vestían farrapos vellos. Eran coñecidos como Irmandiños.

Viron todo destrozado. Ao ver as cartas marcharon e faláronlle a todo o mundo dos naipes que destrozaran as Torres de Altamira. Por iso Brión se chamaba A Baralleira. Ao chegaren os Moscoso espallaron o rumor de que foran os Irmandiños os culpables.

PD. Estas cartas non están relacionadas coas de Alicia no país das marabillas.

Daniel Souto Pazó. Brión. CEIP de Pedrouzos. Sexto de primaria.

ACCÉSIT

Moita xente cre que só hai un Santiago pero eu penso que en realidade hai dúas Compostelas: a que sae nas guías turísticas e a descoñecida tanto para os visitantes como para os propios composteláns. Persoalmente gústame máis esa Compostela descoñecida que se me vai revelando día a día.

Unha tarde paseando polo casco vello descubrín unha rúa que non tiña saída, para a miña sorpresa a rúa chamábase de «Sae se podes». Tamén atopei unha rúa tan estreitiña que por ela non podería pasar unha persoa co seu paraugas aberto, esa ruela chámase «Entrerrúas». Moi pouca xente sabe que moi preto da Catedral hai unha casa que ten campás no tellado e non é unha igrexa, esa casa está na «Ruela das Campás de San Xoán».

Estou segura que seguirei descubrindo novos recunchos cada vez que pasee pola vella Compostela.

Carmen Vázquez Codesido. Santiago. Colegio Manuel Peleteiro. Quinto de primaria.

ACCÉSIT

Un día el alcalde de Santiago dijo:

-¡Hace falta un nuevo polideportivo!

-¡Sí, señor! -contestaron todos los policías menos Juan, un policía muy especial.

­­­-Ahora, ¡manos a la obra!

Todos los policías fueron a la oficina de construcción excepto Juan, que se fue en otra dirección.

A Juan le encantaba pasear por Santiago. Él pensaba que el alcalde quería un «poli deportivo» y se puso a hacer ejercicio. Para él pasar por la plaza del Obradoiro era como pasar por el cerebro de la ciudad, ya que lo dirigía todo. La plaza de Galicia era como el corazón, ya que está en el centro de la ciudad. La Alameda era como los pulmones, ya que es un gran espacio verde y las calles comerciales son las extremidades, porque son como los engranajes. Juan recorría estos sitios porque eran sus favoritos. Se sentía a gusto cada vez que lo hacía. Al final el alcalde le explicó que lo que quería era un polideportivo y no un «poli deportivo»

Alejandro Amoedo Fontoira. Santiago. Colegio Manuel Peleteiro. Quinto de primaria.