Pacto x Ames propón espazos municipais habilitados con desfibriladores

Santiago / La voz

AMES

28 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O goberno municipal de Ames recibiu onte a moción do partido Pacto Por Ames solicitando que se leve a cabo un plan especial para que o concello conte con espazos cardio protexidos. A proposta consiste en, previo estudo, implantar cardiodesfibriladores nas instalacións municipais, deportivas, educativas e culturais do municipio.

No documento presentado onte, Pacto x Ames prega a colaboración do Concello amiense coa Consellería de Sanidade ou con calquera outro órgano competente nesa materia, para promover a formación no manexo de desfibriladores de toda persoa que traballe nas instalacións, centros ou áreas municipais.

Xunto a isto, tamén se recollía na moción a colaboración da Alcaldía coas demais institucións gubernamentais galegas, co fin de promover unha campaña informativa cara as empresas e asociacións de empresarios e comerciantes de Ames sobre a conveniencia de contar con estes dispositivos médicos.