A Baña súmase ao proxecto a prol do galego Apego

a baña / la voz

A BAÑA

O proxecto Apego chegou xa a varios concellos da comarca.
O proxecto Apego chegou xa a varios concellos da comarca.

25 jun 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello da Baña presentou o programa Apego, polo fomento e a transmisión da lingua galega entre as familias que esperan un bebé. Este foi presentado no Punto de Atención á Infancia de San Mamede polo alcalde, Andrés García Cardeso, quen destacou que A Baña é un dos concellos participantes de menor poboación. É un programa dirixido a familias que estean agardando un fillo, ou téñanos de 0 a 6 anos para a socialización do galego. Entregóuselle un agasallo de benvida a unha veciña que agarda un bebé, nun acto que contou coa concelleira de Educación, Alicia Blanco, e maila responsable de Normalización, Carme Pereiro. O Concello de Negreira tamén participa en Apego.