«Voume porque preciso dun cambio de aires»

N. C. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

ANA GARCIA

Iván Cancela (Anxeriz, Tordoia, 1982) dirixiu por última vez ao Xallas no campo do Laracha

02 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Iván Cancela (Anxeriz, Tordoia, 1982) dirixiu por última vez ao Xallas no campo do Laracha, onde o cadro local celebrou o seu retorno á Terceira División. «Moi agradecido» con xogadores e directivos «pola súa implicación neste proxecto ao longo destes dous anos», vaise logo de dúas tempadas «moi intensas». Xa estivo un ano como xogador e agora cumpleu a súa segunda xeira no Xallas, cun total de catro cursos no banquiño. Con anterioridade adestrou ao Dubra e ao Zas.

?¿Algunha razón de peso pola que decidiu abandonar o Xallas?

?Nada, só que preciso dun cambio de aires, pois foron dous anos moi intensos. Non hai motivos económicos nin problemas internos con ninguén. Cando un cre que hai que saír ten que facelo. Nun club sempre hai que saber entrar e saber saír.

?¿Custoulle a decisión?

?Por suposto. O Xallas é como unha familia para min.

?¿Como foron estes anos?

?Foron dous anos moi bos en canto a resultados. Acadamos a permanencia na Preferente, gañamos unha Copa da Costa e unha Supercopa perante o Flavia. O balance foi moi positivo.

?¿Que destacaría deste tempo?

?O máis importante de todo é que fixemos unha boa base. Collemos un equipo case que de cero e agora queda unha estrutura boa, cun equipo rochoso e ben feito. É importante dicir tamén que o Xallas fai un fútbol vistoso.

?O que non se puido repetir é o título da Copa da Costa.

?Quedamos fóra. Eliminounos o Dumbría, un conxunto que acaba de acadar o ascenso á Preferente Galicia. Na ida perdemos 2-0 e na volta tiñamos o pase para a seguinte rolda cun 3-0, pero encaixamos un gol ao final. Na casa fomos moi superiores e puidemos golear. O Xallas levaba varios anos sendo importante neste torneo, pero este ano non puido ser.

?¿Cal será o seu futuro?

?Teño varias ofertas enriba da mesa. Unha é do meu agrado, pero non teño a decisión tomada. É un conxunto da mesma categoría (Preferente).

?¿Cal é ese equipo?

?Polo de agora prefiro ser reservado. Non teño nada feito aínda.

?¿Manterá a súa proposta futbolista no seu vindeiro destino?

?Sempre dixen que un adestrador tense que adaptar aos seus xogadores, e non ao revés. Logo, co que teñas no plantel, tes que tentar facer o mellor fútbol posible. Polo de agora non puido dicir que fútbol imos facer e que estilo imos ter porque non sei con que xogadores vou contar. O adestrador é unha peza importante, pero son os xogadores quen fan un equipo.

?¿O seu estilo verase no segundo ano?

?Aínda é cedo para falar diso. De cara a un segundo ano sempre se poden cambiar máis cousas.

?¿Puido quedar o Xallas nun mellor posto?

?Estivemos sempre na parte alta, pero faltounos ao final fondo de armario. As lesións de Brian e Álex Blanco, e case que en toda a tempada a de Jesús, foron claves. Eran xogadores moi importantes. Con eles estariamos a pelexar polos primeiros postos.

?¿Pelexar polo ascenso?

?Con estes tres seguro que pelexariamos polo ascenso. Con Álex Blanco tiñamos idea de que marcase entre quince e vinte goles, pero case que non xogou en todo o campionato. Jesús dábanos moito fútbol e Brian mancouse cando estaba nun grande momento de forma.