O Concello executa unha sentenza de hai dez anos sobre o Camiño de Monelos

e. f. A BAÑA / LA VOZ

SANTIAGO

Someterá a aprobación do pleno unha modificación puntual do Plan Xeral

17 may 2017 . Actualizado a las 04:00 h.

O Concello da Baña someterá a aprobación do pleno unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación sobre a rúa do Camiño de Monelos, na capital municipal, en cumprimento da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do 18 de outubro de 2007 que anula en parte o acordo de aprobación definitiva do PXOM no relativo á redución do ámbito de solo urbano no propio camiño de Monelos ata os límites previstos nas Normas Subsidiarias Municipais previas á aprobación do Plan Xeral.

O Concello debe cumprir o fallo xudicial tras desestimarse o recurso de casación, logo de primeiro recurso interposto por Carmen Mallón. Considérase contraria a dereito a ampliación da delimitación de solo urbano na marxe sur do Camiño de Monelos, pois para acadar tal categoría, a sentenza deixa claro que aínda depende da execución do planeamento.