A AELG lembra a Rosalía hoxe en Bonaval

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRIGUEZ

Ledicia Costas será a encargada de ler o manifesto

19 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) lembrará a Rosalía de Castro hoxe, a partir das 12 horas, no Panteón de Galegos Ilustres. Trátase do acto central, que está aberto a cidadanía, do colectivo para conmemorar o 180 aniversario do nacemento da escritora. A homenaxe incluirá música -coa coral da Asociación Cultural e Musical Solfa-, lectura de poemas da autora e unha ofrenda floral. A escritora Ledicia Costas será a encargada da lectura do manifesto. O colectivo de escritores anima a celebrar o Día de Rosalía agasallando cun libro en galego e unha flor.