«É positivo que os doentes conten o que senten ao padecer un cancro»

JOEL GÓMEZ SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

Hablar del miedo a la enfermedad puede ayudar a adaptarse a sus efectos, afirma este psicólogo de la Asociación Española contra el Cáncer

10 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Cuando a una persona se le confirma que padece un cáncer «é un enorme impacto, como un tremor na súa vida. De repente muda todas as prioridades para pór como centro de preocupación a saúde. E aínda que mellorou a percepción social desta doenza, un tumor aínda impón medo ás súas consecuencias, aos tratamentos, e ás repercusións que poda ter na vida de quen o padece. Todo iso condiciona a adaptación nun primeiro momento á situación», explica Marcos Calvo, psicólogo de la Asociación Española Contra el Cáncer. Recientemente habló sobre su experiencia en la comunicación con pacientes y familiares en un curso de la Universidad Internacional Menéndez Pelayo; e investiga sobre el tema para su tesis doctoral.

Al conocer el diagnóstico, la persona afectada se plantea la posibilidad de morir y de sufrir, pero «tamén pensa nos padecementos que a súa doenza vai causar á familia e ás persoas máis achegadas. Só pouco a pouco vai asumindo que hai moitos matices na palabra cancro, e en moitos casos evoluciona moi ben. E ven o cancro como unha doenza crónica, non mortal; un mal de longa evolución, con solucións, do que a maioría van saír ben».

Además, el tiempo cambia las relaciones del paciente y su entorno: «É habitual que para tomar unha decisión importante na vida, como por exemplo para comprar un piso, unha persoa pida opinión aos seus, mesmo a técnicos, e despois decide. Porén, perante unha noticia tan relevante como padecer un cancro, a situación é diferente: hai parentes que tenden a insistir en mensaxes positivas, moitas veces con frases estereotipadas como que a Medicina avanzou moito e todo vai ir ben, e non lle permiten ao doente poder expresar os seus medos e o que máis lle preocupa. E o doente fai algo parecido: intenta animar a familia e manter o tipo. Moitas desas actitudes fan que a xente sufra en soidade. Por iso un dos primeiros obxectivos do meu traballo é facilitar vías de comunicación, que se fale da situación como é. Falar do cancro e do medo ao cancro non vai facer que unha persoa se deprima máis. Ao contrario, pode funcionar como un factor protector, por iso é positivo que os doentes conten o que senten ao padecer un cancro», agrega.

Marcos trató a personas que se proponen minimizar la noticia y prefieren no dar a conocer que padecen cáncer, y a otras que sienten necesidad de difundirla y se sienten bien al hacerlo. Ante esta disparidad valora que «depende de cada persoa, é importante que sexa leal e fiel coa súa forma de resolver os problemas. Se me piden que recomende, entendo que é mellor ter unha actitude activa e aberta».

Las largas esperas para recibir tratamiento en el hospital «en ocasións teñen o efecto positivo de que as persoas afectadas, ao ver outras que sobreviven ao cancro, aumentan as súas esperanzas de mellorar. É normal que haxa medos pola incerteza sobre como poden ir as cousas, iso xera inseguridades que hai que saber xestionar e coas que hai que convivir. E porque os problemas que había antes do tratamento continúan, e en ocasións o cancro aumenta esas preocupacións».

Marcos ve «moita vocación na xente nova que estuda profesións sanitarias, e iso facilita unha mellor actitude de comunicación e inquietude por facer mellor as cousas, que hai que potenciar».

Resalta asimismo la actitud solidaria de las personas voluntarias con pacientes «que van ser o próximo ano unha prioridade da Asociación Española contra o Cancro, igual que dar visibilidade ao traballo de profesionais de logopedia con persoas afectadas de cancro de larinxe».

Experiencia. Marcos Calvo trabaja desde el 2004 en Santiago, en la sede de la Asociación contra el cáncer y en el servicio de Oncología del Hospital Clínico.

Actividad. Trata a unas 350 personas al año e investiga sobre comunicación con pacientes que enfrentan un cáncer y sus familiares.