«O jazz de calidade está asegurado no Dado-Dadá»

La Voz

SANTIAGO

O membro do grupo Sumrrá recorda que aprendeu a tocar o contrabaixo nas jams dos martes do club de jazz compostelá

01 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Xacobe Martínez Antelo, compoñente do grupo Sumrrá, a banda de jazz galega máis lonxeva e internacional recorda que el, xunto con LAR Legido, Pablo Castaño e Michel González, falaron co falecido Carlos Asorey para comezar as jam sessions dos martes no seu local. Unha tradición que segue viva, cun ciclo de referencia para todos os jazzistas (o Galicia Cinco Estejazz), que regresa puntual ao local onde o músico se fraguou como tal. «Eu aprendín a tocar o contrabaixo nas jams do Dado-Dadá», recorda. Esta noite o Galicia Cinco Estrejazz terá como protagonistas a Andrés Rivas á batería, Juanma Varela ao piano e Paco Charlín ao contrabaixo, a partir das 22.30. «Son uns músicos de jazz galegos súper importantes, cunha traxectoria moi longa», destaca Martínez Antelo. «Será un concerto no que o jazz de calidade está asegurado», engade o contrabaixista.