«Comezamos no tiro pola práctica da caza e logo perfeccionamos o disparo»

EMILIO FORJÁN NEGREIRA / LA VOZ

SANTIAGO

FORXÁN

DANIEL CEBREIRO CAMPIÓN GALEGO DE PERCORRIDOS DE CAZA

06 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Daniel Cebreiro García, veciño de Negreira, é o campión galego de percorridos de caza. Acadou o título no campo de tiro Río Sar entre máis de setenta participantes. Foi na cita máis destacada da competición deportiva de tiro a nivel autonómico, na súa decimooitava edición. Daniel fíxose co campionato tras derrubar 138 dos 150 pratos, completando unha grande tempada tras acadar uns días antes o título autonómico na modalidade de compak. Ten varios campionatos provinciais de tiro.

?¿Onde podemos atopar as claves do seu éxito?

?Precísase moito adestramento e, sobre todo, máxima concentración, porque nos atopamos con moitas traxectorias e ten a súa complicación. Todos procedemos da caza e unha vez que te enganchas ao tiro vas vendo as túas verdadeiras posibilidades.

?¿Cómo son este tipo de tiradas?

?En series de vintecinco pratos, sobre un total de 150. En percorrido tiras en varios campos, mentres que en compak tírase en canchas e o percorrido pódese facer nun espazo moito máis aberto. No compak tamén pódese encarar coa escopeta e non tes que ter unha garda baixa. E no percorrido, ata ver o prato ti non podes levantar a escopeta para efectuar o disparo.

?¿Cal é a modalidade máis complexa?

?Sen dúbida o compak, porque tes moitos pratos a un tiro. Neste campionato podes chegar a oitenta pratos a un tiro, polo que as porcentaxes baixan bastante.

?¿Na competición de Río Sar marcou un ritmo moi forte?

?A verdade é que todos os favoritos marcamos un ritmo moi forte dende o principio, pero a regularidade mantívome en cabeza sobre o actual campión galego, o pontevedrés Roberto Rodríguez, por unha diferenza de dous pratos. Mentres, a medalla de bronce foi para Antonio Iglesias, con 135.

?¿Estamos a falar dun deporte moi caro?

?Para o momento no que vivimos, nun campionato galego que haxa setenta competidores é unha cifra elevada. Eu non o vexo caro, porque unha serie de 25 pratos custa sete euros, pero a maiores hai que sumarlle o gasto de cartuchos que é o máis caro. Para saír unha vez á semana ou cada quince días ás instalacións permanentes que temos agora no campo de tiro de Río Sar non supón un gasto tan elevado.

?¿E que nos pode dicir dos adestramentos?

?O adestramento búscalo na competición, incluso desprazándote a Portugal ou á Meseta, pero a situación xeográfica de Galicia non favorece polo tema de desprazamentos. É o pior de todo porque este ano case todas as competicións a nivel nacional celebráronse de Madrid cara abaixo, e as viaxes é o que máis custa.

?¿Ten vostede algún reto para as vindeiras datas?

?Esta fin de semana estiven na Copa de España, tamén con 150 pratos, en Castillejo de Robledo, preto de Aranda del Duero. A seguinte fin de semana, no mesmo lugar, o Campionato de España coa selección galega.

?¿Como está o tiro en España?

?É unha das primeiras potencias a nivel mundial, algo que é de agradecer polo esforzo que fan moitas persoas, aínda non tendo as mesmas axudas doutros deportes.