Alberto Ramos: «Quixen plasmar as luces e sombras do espectáculo no meu último libro»

P. C. santiago / la voz

SANTIAGO

XOÁN A. SOLER

O escritor compostelán viaxa ata Inglaterra na súa cuarta novela, Máscaras rotas para Sebastian Nell.

06 feb 2017 . Actualizado a las 13:54 h.

Alberto Ramos (Compostela, 1986), viaxa ata Inglaterra na súa cuarta novela, Máscaras rotas para Sebastian Nell. O xornalista e escritor presentou onte a obra na libraría Couceiro e explica que a súa intención era facer unha novela sobre o teatro, polo que decidiu ambientala no país con maior tradición. «Quixen plasmar as luces e sombras do espectáculo dende as bambolinas», sinala. «É a historia dun hipotético actor británico que concede unha entrevista a unha xornalista á que lle une unha mutua animadversión dende hai moitísimos anos, Rebecca Graham», continúa. Deste modo, Ramos fai un percorrido pola historia de Inglaterra dende o ano 1932 a o ano 2000, pasando pola segunda Guerra Mundial, a época de Margaret Thatcher, os Beatles, ou irrupción de Hollywood no panorama cultural. Faino a través dos ollos dun protagonista escuro, homófobo e hedonista. «Toda unha xoia», bromea o autor, cuxo relato irá espertando a simpatía dos lectores e será interrompido polo mal do

alzhéimer

.